Inicio Listado novas Proxecto de dec...

Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do parque natural do monte Aloia

Información pública

ANUNCIO do 2 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se somete a información pública o proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do parque natural do monte Aloia e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do parque natural do monte Aloia.

Someter a información pública, por un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do parque natural do monte Aloia e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do parque natural do monte Aloia.

Durante o citado prazo, poderase consultar o texto do proxecto de decreto na seguinte ligazón do portal de transparencia da Xunta de Galicia:

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións:

• Preferentemente, mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: reximexuridico.cmatv@xunta.gal

• Alternativamente, mediante a presentación de escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tamén se poden remitir suxestións a través do formulario disposto para este fin na ligazón do portal de transparencia da Xunta de Galicia indicado no punto segundo deste anuncio.

DOG Núm.154, Mércores, 14 de agosto de 2019, Páx. 36854