ANUNCIO do 25 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública as solicitudes de inclusión de dúas árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras.
Durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.medioambiente@xunta.gal, poñendo no asunto Información pública árbores senlleiras.