ANUNCIO de 27 de marzo de 2019, de la Dirección General de Calidad Ambiental y Cambio Climático, por el que se somete a información pública el estudio de impacto ambiental del proyecto de ampliación de cebadero porcino, hasta 2.350 cabezas, en las parroquias da Corna y O Castro, en los ayuntamientos de Piñor y Dozón (expediente 2019/0022).
Faise público que polo prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto de ampliación de cebadeiro porcino, ata 2.350 cabezas, nas parroquias da Corna e O Castro, promovido por Bruno Viana Lorenzo, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, fomular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.
Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.
Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón: http://cmaot.xunta.gal/participacion-avaliacion-proxectos.