ANUNCIO do 1 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se acorda someter ao trámite de información pública o proxecto de decreto polo que se aproba o Plan de conservación do espazo natural de interese local Río Abelleira (Carral, A Coruña).
Ábrese período de participación pública do proxecto de decreto polo que se aprobará o Plan de conservación deste ENIL durante o prazo dun (1) mes, contado o dito período desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG Núm. 134, Martes, 15 de xullo de 2025, Páx. 39730)