Inicio Listado novas 29 de xuño - Dí...

29 de xuño - Día Internacional dos Trópicos

Días internacionais

Celebra a extraordinaria diversidade dos trópicos, á vez que destaca os desafíos e oportunidades únicos que enfrontan as nacións dos trópicos. Brinda a oportunidade de avaliar o progreso nos trópicos, compartir historias e coñecementos sobre a rexión, e recoñecer a súa diversidade e potencial.

Os trópicos son unha rexión da Terra, definida aproximadamente como a área entre o trópico de Cancro e o trópico de Capricornio. Aínda que a topografía e outros factores contribúen á variación climática, as zonas tropicais adoitan ser cálidas e experimentan poucos cambios estacionales na temperatura diaria. Unha característica importante dos trópicos é a prevalencia da choiva nas rexións interiores húmidas próximas ao ecuador, e que a estacionalidade das precipitacións aumenta coa distancia desde o ecuador. A rexión tropical enfronta varios desafíos como o cambio climático , a deforestación, a talla, a urbanización e os cambios demográficos.

https://www.un.org/en/observances/tropics-day