Inicio Listado novas Día Internacion...

Día Internacional da Sanidade Vexetal, 12 de maio

Días Internacionais

A sanidade vexetal é a base da seguridade alimentaria e está interconectada coa saúde humana, animal e ambiental. As plantas sas proporcionan dietas ricas en nutrientes para humanos e animais e axudan a promover un ecosistema equilibrado. En cambio, as plantas infectadas por pragas poden desencadear unha fervenza de efectos negativos na subministración de alimentos e inducir brotes de enfermidades zoonóticas transmitidas por patógenos nocivos. Os praguicidas desempeñan un papel na xestión das pragas, pero o seu uso excesivo e a súa mala xestión provocan perda de biodiversidade, contaminación ambiental, disfunción dos ecosistemas, problemas de seguridade alimentaria e resistencia aos praguicidas.  

Este ano, o Día Internacional da Sanidade Vexetal chama a todos a concienciarnos e actuar para manter sas as plantas, os animais, os seres humanos e o medio ambiente.

LIGAZÓN