ACORDO do 12 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto do parque eólico Batifol, nos concellos de Castro de Rei, Castroverde e Pol (Lugo) (expediente IN408A 2019/076).
Prazo: trinta (30) días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.