Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Plan: Proxecto de interese autonómico de modernización, mellora e ampliación do proceso produtivo e loxístico do centro de proceso avícola de COREN en Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense. Promotor: Cooperativas Ourensanas, SCG (COREN). Órgano tramitador: Consellería de Economía e Industria. Expediente: 2025AAE2988.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 24.3.2025 ata o día 8.5.2025 nesta LIGAZÓN