ANUNCIO do 28 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se somete a información pública a solicitude de inclusión de cinco árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras
Ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio e da documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de vinte (20) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio (DOG Núm. 50, Xoves, 13 de marzo de 2025, Páx. 17027)