Apróbase a Estratexia galega da infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas. A Estratexia Galega de Infraestrutura Verde e da Conectividade e a Restauración Ecolóxicas supón un cambio de paradigma na ordenación do territorio e un compromiso coa preservación da natureza polos beneficios que esta achega á sociedade e á sustentabilidade do planeta. Vai permitir reducir a rotura ou fragmentación de hábitats que albergan ecosistemas claves para o benestar da poboación, permitindo que se poidan restaurar espazos degradados por mor da contaminación ou da explotación incontrolada dos seus recursos. A súa finalidade é crear unha rede territorial continua entres aqueles espazos de maior valor ambiental, paisaxístico e cultural, cunha planificación estratéxica que permita protexer a biodiversidade dos impactos negativos que xeran as actividades económicas e sociais dos asentamentos urbanos ou rurais, atendendo ás novas demandas do solo.
https://descargas.xunta.es/671f19e2-fffa-47e3-a5ba-9df7b9dd38891690183038515