Inicio Listado novas Parques eólicos...

Parques eólicos Edreira I, ampliación Edreira I e Coto de Eiras

Información pública

ACORDO do 20 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se someten de novo a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da liña de media tensión LMT evacuación 33 kV P.E. ampliación Edreira I, sita nos concellos da Lama e Fornelos de Montes (Pontevedra) (expediente IN408A 2022/015), as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública das infraestruturas de evacuación da enerxía xerada polos parques eólicos Edreira I, ampliación Edreira I e Coto de Eiras, sitas nos concellos de Fornelos de Montes, Mondariz, Pazos de Borbén e Redondela (Pontevedra) (expediente IN408A 2022/014), e o estudo de impacto ambiental (EIA) conxunto da liña de media tensión LMT evacuación 33 kV P.E. ampliación Edreira I (expediente IN408A 2022/015) e das infraestruturas de evacuación da enerxía xerada polos parques eólicos Edreira I, ampliación Edreira I e Coto de Eiras (expediente IN408A 2022/014).

Poden presentar as súas alegacións, no prazo de trinta (30) días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo en el Diario Oficial de Galicia (DOG Núm. 23, Martes, 4 de febreiro de 2025, Páx. 9673)