Inicio Listado novas IP da solicitud...

IP da solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto de execución Parque eólico de Montelora

Información pública

ACORDO do 20 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto de execución Parque eólico de Montelora e da súa infraestrutura eléctrica de evacuación, nos concellos de Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira (expediente IN08A 2017/009).

Ligazón

Prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará ao dispor das persoas interesadas nas dependencias de Enerxías Renovables do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico renovables.medio-ambiente.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 49 75, así como nos concellos de Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira (Lugo).

Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica