O edificio do Tinglado do Porto de Vigo convértese no escenario perfecto para o Mercado de Segunda Man os días 21 e 22 de decembro. Un evento pensado pola Xunta de Galicia para fomentar o consumo sostible, a economía circular e o intercambio de obxectos entre particulares. Este mercado, de balde para os expositores e aberto para toda a cidadanía, será o lugar ideal para atopar pezas únicas como roupa, libros ou artigos de decoración, ao tempo que lles damos un novo uso a obxectos que xa non se utilizan ou pasaron a un segundo plano. Cubre o formulario se queres participar como expositor.