Inicio Listado novas Inclusión de tr...

Inclusión de tres árbores e unha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras

Información pública

ANUNCIO do 5 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se somete a información pública a solicitude de inclusión de tres árbores e unha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras.

Someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes. (DOG Núm. 223, Martes, 19 de novembro de 2024, Páx. 61008