Inicio Listado novas IP da documenta...

IP da documentación relacionada co proxecto de renovación tecnolóxica do parque eólico Serra da Panda, nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña).

Información pública

ACORDO do 16 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de renovación tecnolóxica do parque eólico Serra da Panda, nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña) (expediente IN408A 2024/008).

Ligazón

Prazo: trinta (30) días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).