ANUNCIO do 4 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se somete a información pública a solicitude de inclusión de varias árbores e formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras.
Durante un prazo de vinte (20) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmatv@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».