Inicio Listado novas Día Internacion...

Día Internacional da Diversidade Biolóxica 22 de maio

Días internacionais

En decembro de 2022, o mundo uniuse e acordou un plan global para transformar a nosa relación coa natureza. A adopción do Marco Mundial Kumming-Montreal, tamén coñecido como O Plan de Biodiversidade, establece metas e medidas concretas para deter e reverter a perda da natureza de aquí a 2050.

A celebración deste ano marcará o inicio da preparación para a décimo sexta reunión da Conferencia das Partes do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica (COP 16), que se celebrará en Colombia do 21 de outubro ao 1 de novembro de 2024.

O tema deste ano é “Se parte do plan”.

Con este tema, búscase instar os gobernos, pobos indíxenas, comunidades locais, organizacións non gobernamentais, lexisladores, empresas e cidadáns a colaborar activamente na implementación do Plan de Biodiversidade, compartindo as súas contribucións e comprometéndose coa causa. Todos temos un papel vital que desempeñar e podemos contribuír significativamente ao ao éxito do plan.

LIGAZÓN