Inicio Listado novas Día Mundial das...

Día Mundial das Abellas 20 de maio

Días internacionais

As abellas e outros polinizadores, como as bolboretas, os morcegos e os colibríes, están cada vez máis ameazados polos efectos da actividade humana. A polinización é un proceso fundamental para a supervivencia dos ecosistemas, esencial para a produción e reprodución de moitos cultivos e plantas silvestres. Case o 90 por cento das plantas con flores dependen da polinización para reproducirse.

O obxectivo principal é protexer ás abellas e a outros polinizadores para que poidan contribuír de forma significativa a resolver os problemas relacionados coa subministración de alimentos no mundo e acabar coa fame nos países en desenvolvemento.

LIGAZÓN