ANUNCIO do 2 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Inleit Ingredientes, S.L.U. para a planta de procesamento de leite no polígono industrial de Curtis-Teixeiro, Curtis (expediente 2023-IPPC-M-1).
Sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.