ANUNCIO do 26 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se somete a participación pública a memoria preliminar do Plan de xestión do monumento natural da serra de Pena Corneira, nos concellos de Carballeda de Avia, Leiro e Avión (Ourense).
Abrir un período de participación ao público do documento preliminar do Plan de xestión do monumento natural da serra de Pena Corneira durante o prazo dun (1) mes, contado o dito período desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.