ANUNCIO do 25 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización ambiental integrada para a instalación industrial de produción de materias primas circulares de Valogreene Recinor, S.L., no concello das Somozas (expediente 2022-IPPC-I-96).
Acórdase someter novamente a información pública, por un espazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.