Inicio Listado novas Información púb...

Información pública do Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do proxecto de instalación dunha Planta Solar Fotovoltaica, denominada ISF A Gudiña Solar

Información pública

Anuncio da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do proxecto de instalación dunha Planta Solar Fotovoltaica, denominada ISF A Gudiña Solar, de 65´9 MWp e 55,7 MWn, situada no termo municipal da Gudiña (Ourense) e a súa infraestrutura de evacuación asociada, nos termos municipais da Gudiña, Viana do Bolo e Vilariño de Conso (Ourense).

Ligazón

As alegacións que se estimen convenientes poderanse presentar, dirixidas á Área de Industria e Enerxía e no prazo de 30 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio.

O órgano ambiental competente para emitir a declaración de impacto ambiental é a Dirección Xeral Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.