Inicio Listado novas Habilitados na ...

Habilitados na sede electrónica da Xunta de Galicia novos procedementos en materia de residuos

Procedementos administrativos

Pubícase hoxe no DOG a ORDE do 17 de novembro de 2022 pola que se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia determinados procedementos de prazo aberto do órgano competente en materia de calidade ambiental, sustentabilidade e cambio climático e se establecen os modelos normalizados.

a) Actividade de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en materia de residuos (MT203B).

b) Actividade de recollida de residuos perigosos sen instalación asociada (MT203C).

c) Actividade de recollida de residuos non perigosos sen instalación asociada (MT203D).

d) Actividade de compostaxe comunitaria de biorresiduos (MT203E).

e) Información de xestión de residuos comerciais (MT203F).

f) Modificación da inscrición de recollida de residuos perigosos sen instalación asociada (MT203G).

g) Modificación da inscrición de recollida de residuos non perigosos sen instalación asociada (MT203H).