Inicio Listado novas Proxecto de dec...

Proxecto de decreto polo que se aproba o Regulamento de explotación e policía dos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia

Normativa en tramitación

O proxecto de decreto ten por obxecto a aprobación do Regulamento de explotación e policía dos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no que se establecen as normas reguladoras dos servizos e actividades portuarias, a utilización do dominio público portuario e as instalacións portuarias, a ordenación e control do tráfico portuario, así como as especificacións e concrecións ao cadro de infraccións e sancións previstas na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Ligazón

Prazo para remitir suxestións: 20/08/2022