Inicio Listado novas Ruído Ambiental...

Ruído Ambiental - Informe 2021. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Informe Ruído

O obxectivo deste Informe, de carácter anual, é a difusión pública das actuacións sobre a contaminación acústica levadas a cabo no ano precedente en Galicia. No informe incluirase, entre outras, a seguinte documentación, segundo o que establece o Decreto 106/2015: -Mapas de ruído e plans de acción en trámite e aprobados na Comunidade Autónoma de Galicia(de entidades locais e autonómicas). -Ordenanzas en vigor sobre protección contra a contaminación acústica (aquelas adaptadas á lexislación vixente). -Iniciativas educativas e de sensibilización en materia de prevención e control da contaminación acústica. -Datos da rede de contaminación acústica da Xunta de Galicia.

Ligazón