Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan: Nome do plan: Plan especial de reforma interior das unidades de actuación UA-58 e UA-59, Culleredo. Promotor: Aliseda SAU. Órgano substantivo: Concello de Culleredo. Expediente: 2022AAE2671. No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan. O prazo para esta consulta está aberto dende o día 03.05.2022 ata o día 15.06.2022.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 03.05.2022 ata o día 15.06.2022