Anuncio da Demarcación de Costas de Galicia de incoación, información pública e acto de apeo en expediente de deslinde dos bens do dominio público marítimo-terrestre do Porto Exterior da Coruña, en Punta Langosteira, no t.m. de Arteixo (A Coruña) (número de referencia: DEAS01/21/15/0002 (C-21/10-D//C-21/11-D)).
Os planos nos que se delimita provisionalmente a liña de deslinde de dominio público marítimo-terrestre e a zona de servidume de protección, así como as superficies daquel e desta, áchanse na Subdirección Xeral de Dominio Público Marítimo-Terrestre, da Dirección Xeral da Costa e do Mar (Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Praza San Juan da Cruz, 10). Un exemplar dos mesmos está nesta Demarcación de Costas en Galicia, (C/San Pedro de Mezonzo, 2 (Baixo), 15071 - A Coruña) ao dispor de cuantos queiran examinalos e onde poderán presentar, en consecuencia, as alegacións ou reclamacións que estimen pertinentes ao seu dereito e interese, dentro do prazo dun MES, contado a partir da data seguinte á da publicación do presente anuncio no BOE.