Inicio Listado novas Revisión da aut...

Revisión da autorización ambiental integrada da planta de envasado de leite UHT que Leche de Galicia, S.L. posúe no concello de Vilalba (Lugo)

Autorización ambiental integrada

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da revisión da autorización ambiental integrada da planta de envasado de leite UHT que Leche de Galicia, S.L. posúe no concello de Vilalba (Lugo) (expediente 2020-IPPC-M-38).

Faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG Núm. 28, Xoves, 10 de febreiro de 2022, Páx. 10522), quedará exposto o documento titulado:

– «Leche de Galicia, S.L. Revisión de autorización ambiental integrada. Outubro de 2021».