Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Modificación puntual do PXOM de Padrón para ampliación do polígono industrial da Picusa. Promotor: Concello de Padrón. Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Expediente: 2022AAE2653. No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 09.02.2022 ata o día 23.03.2022.