Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións para ampliación de cemiterio parroquial de Santa María de Caamaño. Promotor e órgano substantivo: Concello de Porto do Son. Expediente: 2022AAE2644. No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 13.01.2022 ata o día 24.02.2022.