Inicio Listado novas 16 de setembro ...

16 de setembro - Día Internacional da Preservación da Capa de Ozono

Día Internacional

A capa de ozono é unha franxa fráxil de gas que protexe a Terra dos efectos nocivos dos raios solares, contribuíndo así a preservar a vida no planeta. Este ano, a celebración do Día Mundial do Ozono ten como obxectivo resaltar outros beneficios do Protocolo de Montreal. Entre outras cuestións, o Protocolo contribuíu á desaceleración do cambio climático e ao aumento da eficiencia enerxética no sector da refrixeración, promovendo así a seguridade alimentaria.

Ligazón