Inicio Listado novas Información púb...

Información pública da proposta de Folla de Roteiro do Biogás

Información pública

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) sacou a información pública a proposta de Folla de Roteiro do Biogás, con 43 liñas de actuación para multiplicar por 3,8 a produción sustentable deste gas de orixe renovable ata 2030. Enfocada na valorización de residuos (agropecuarios, municipais e lodos de depuradora), a Folla de Roteiro impulsará o aproveitamento do biogás por dúas grandes vías: a produción de electricidade e calor útil –sobre todo para a industria–, e a súa transformación en biometano para consumo do transporte pesado e substitución do gas natural de orixe fósil.

Ligazón

O prazo para presentar observacións á Folla de Roteiro finaliza o 15 de setembro de 2021. Toda a información atópase dispoñible aquí. As alegacións poderán remitirse por correo electrónico a bzn-hrbiogas@miteco.es, indicando no asunto “Folla de Roteiro de Biogás”.