Información pública sobre o borrador de Orde Ministerial pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o financiamento de proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento
Os cidadáns e organizacións interesadas poderán remitir as súas achegas sobre o proxecto de Orde Ministerial, accesible desde a páxina web do Miteco, á dirección de correo electrónico bzn-retosubvenciones@miteco.es cubrindo a táboa de observacións dispoñible nesta ligazón e indicando no asunto: ‘Bases de Subvencións’. O proceso de información e consulta pública permanecerá aberto ata o 29 de xuño de 2021.