Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Modificación puntual núm. 2 do Proxecto sectorial do parque empresarial de Carballo. Promotor: XESTUR, SA. Órgano substantivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo. Expediente: 2021AAE2575. No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.