Inicio Listado novas IP da documenta...

IP da documentación da revisión e modificación substancial da AAI do centro de tratamento de residuos oleosos que Procesoil, S.L, Ferrol

Información pública

ANUNCIO do 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da revisión e modificación substancial da autorización ambiental integrada do centro de tratamento de residuos oleosos que Procesoil, S.L. posúe no concello de Ferrol (A Coruña) (expediente 2019-IPPC-M-23).

Ligazón

Faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.