Inicio Listado novas CSIC lanza a in...

CSIC lanza a iniciativa Ocean Cities

Cidades Oceánicas Sostibles

O obxectivo de Ocean Cities é converter as cidades oceánicas en comunidades permeables ao medio mariño, rexenerando o litoral e potenciando unha conexión harmónica comunidade-terra-océano a través da mente (ciencia), o corazón (arte) e a alma (conciencia).

Ligazón

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) lanza o programa Ocean Cities, unha rede internacional para impulsar as cidades oceánicas sustentables. O programa, liderado polo Instituto de Ciencias do Mar (ICM-CSIC) e a Unidade de Tecnoloxía Mariña (UTM-CSIC), foi seleccionado polas Nacións Unidas para impulsar os obxectivos da Década da Ciencia Oceánica para o Desenvolvemento Sustentable 2021-2030. Esta rede internacional está integrada por 26 entidades de todo o mundo, como organismos científicos, ministerios, concellos, redes de cidades e organizacións artísticas e traballará para cambiar o modo en que os cidadáns interactúan cos océanos, co obxectivo de impulsar as cidades oceánicas sustentables para o ano 2030.