Inicio Listado novas 8 de xuño de 20...

8 de xuño de 2021 - DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

DATAS INTERNACIONAIS

"O océano: vida e medio de subsistencia" é o tema do Día Mundial dos Océanos 2021, un ano no que á súa vez arrincamos unha década de desafíos para lograr o Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 14: "Conservar e utilizar de maneira sustentable os océanos, os mares e os recursos mariños" para 2030.

Ligazón

O océano cobre máis do 70% do planeta. É a nosa fonte de vida e o sustento da humanidade e de todos os demais organismos da terra.

Proba diso é que o océano produce polo menos o 50% do osíxeno do planeta, alberga a maior parte da biodiversidade da terra e é a principal fonte de proteínas para máis de mil millóns de persoas en todo o mundo.

O Día Mundial dos Océanos lembra a todos o seu importante papel na vida cotiá. Son os pulmóns do noso Planeta, unha fonte importante de alimentos e medicinas e unha parte fundamental da biosfera.

O propósito do Día é informar sobre o impacto dos humanos no océano, desenvolver un movemento mundial de cidadáns polo océano e mobilizar e unir á poboación mundial nun proxecto para a xestión sustentable dos océanos.