ANUNCIO do 6 de maio do 2021, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, polo que se somete a información pública a modificación das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.
Sométense a información pública a modificación das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia DOG Núm. 96, Martes, 25 de maio de 2021, Páx. 25953 .
Durante o referido prazo, calquera persoa poderá examinar o documento, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sitas no Edificio Administrativo San Caetano s/n, en Santiago de Compostela, e presentar ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ou a través do correo electrónico sxurb@xunta.gal, as alegacións, observacións e xustificacións que se consideren pertinentes.
Asemade, poden consultarse as Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia a través da seguinte ligazón: