Inicio Listado novas Aberta consulta...

Aberta consulta pública sobre Estratexia Biodiversidade EU

Consulta pública

Consulta sobre a Estratexia Europea de Biodiversidade 2020

O propósito desta consulta é reunir información e observacións dos interesados e do público en xeral sobre a aplicación da Estratexia da Unión Europea en materia de diversidade biolóxica ata 2020 e sobre a aplicación do Regulamento da Unión Europea sobre especies exóticas invasoras, así como informar a avaliación de impacto que sustentará a proposta da Comisión de obxectivos vinculantes da Unión Europea para a restauración da natureza.

A Consulta sobre a Estratexia Europea de Biodiversidade 2020 está aberta ata o próximo 5 de abril e atópase accesible na seguinte ligazón.