Inicio Listado novas Revisión da aut...

Revisión da autorización ambiental integrada da planta que Masol Iberia Biofuel, S.L.U. posúe no concello de Ferroll

Información pública

ANUNCIO do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da revisión da autorización ambiental integrada da planta de produción e almacenamento de biodiésel, glicerina, ácidos graxos e gomas a partir de aceites vexetais que Masol Iberia Biofuel, S.L.U. posúe no concello de Ferrol, A Coruña (expediente 2020-IPPC-M-2).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documento titulados:

– Revisión de MTD.

– Revisión de MTD. Resumo non técnico.

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

DOG Núm. 209, Venres, 16 de outubro de 2020, Páx. 40183