Inicio Listado novas Habilitados, n...

Habilitados, na sede electrónica da Xunta de Galicia, novos modelos normalizados de solicitudes en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático

Tramitación electrónica

ORDE do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A presente orde ten por obxecto non só aprobar ou regular, senón tamén dar publicidade aos modelos normalizados de solicitudes, para a presentación por medios electrónicos, dos seguintes procedementos de prazo aberto, habilitando a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Os ditos procedementos habilitaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal e figurarán na guía de procedementos e servizos regulada pola Orde do 12 de xaneiro de 2012.

• Autorización de ampliación do prazo de almacenamento de residuos (MT201A).

• Baixa no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia-RXPXRG- (MT201B).

• Inicio de actividade de planta móbil (MT201C).

• Actividade de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas nas que se xeraron (MT201D).

• Solicitude de modificación da inscrición de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas nas que se xeraron (MT201E).

• Plataforma loxística de RAEE (MT201F).

• Modificación da comunicación da plataforma loxística de RAEE (MT201G).

• Produción de subproduto. Comunidade Autónoma de Galicia (MT201H).

• Memoria anual e documentación complementaria (MT201I).

• Informe anual de actividade do Scrap e documentación complementaria (MT201J).

• Declaración de envases (MT201K).

• Estudo de minimización (MT201L).

• Plan de prevención e/ou seguimento do plan (MT201M).

• Comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro (MT201N).

• Presentación dos informes anuais en materia de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro (MT201O).

• Autorización de instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) grupos A ou B (MT201P).

• Instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) grupo C (MT201Q).

• Inicio de avaliación ambiental estratéxica ordinaria (MT201R).

• Declaración ambiental estratéxica (MT201S).

• Memoria ambiental (MT201T).

• Inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada (MT201U).

• Informe ambiental no procedemento de aprobación de medidas provisionais de ordenación urbanística (MT201V).

• Autorización ambiental integrada (MT201X).

• Autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental (MT201Y).

• Modificación substancial da autorización ambiental integrada (MT201Z).

• Modificación substancial da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental (MT202A).

• Seguimento da autorización ambiental integrada (MT202B).

• Revisión da autorización ambiental integrada (MT202C).

• Modificación non substancial da autorización ambiental integrada (MT202D).

• Cesaamento temporal/cesamento definitivo da instalación con autorización ambiental integrada (MT202E).

• Transmisión/cambio de razón social da autorización ambiental integrada (MT202F).

• Acceso á plataforma de información en materia de solos potencialmente contaminados (MT202G).

• Información en materia de solos potencialmente contaminados (MT202H).

• Inspección ambiental (MT202I).

• Garantía financeira (MT202J).

• Trámite de consultas previas na avaliación ambiental estratéxica (MT202K).

DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37713