Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas para a elaboración do documento de alcance do EsIA, segundo establece o artigo 34 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro, o documento ambiental do seguinte proxecto. Instalacións de conexión do nó Fontefria 220 kV-O Covelo: -SEC Lameiro 220 kV -SEC Alto da Telleira 220 kV -LAT 220 kV SEC Lameiro - SEC Alto da Telleira -LAT 220 kV SEV Alto da Telleira - SE Fontefría RdT Expediente: 2020/0183 Procedemento: avaliación de impacto ambiental ordinaria. No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións de carácter ambiental que considere oportunas en relación co alcance que debería ter o estudo de impacto ambiental do proxecto.
O prazo para esta consulta estará aberto durante 30 días hábiles.