Inicio Listado novas Nova ferramenta...

Nova ferramenta do IET para consultar a información xeográfica de todas as praias de Galicia

Visor telemático

A través deste visor telemático do Instituto de Estudos do Territorio (IET) ofrécese información xeográfica detallada de cada un dos 960 areais incluídos no Catálogo de Praias de Galica, que suman máis de 18,75 millóns de metros cadrados de superficie. Deste xeito, premendo na icona do parasol na parte superior do visor, pódense obter datos sobre a superficie de cada areal e outra información de interese, como a súa localización, categoría ou o concello ao que pertence.

Ligazón