Inicio Listado novas Meteogalicia in...

Meteogalicia incorpora información sobre a previsión de radiación ultravioleta na súa predición xeral

Radiación Ultravioleta

A páxina web de Meteogalicia ofrece información sobre a previsión do índice de radiación ultravioleta na súa predición xeral. Outra das novidades introducidas está relacionada coa previsión de concellos a medio prazo (predición a partir do cuarto día de previsión), de tal xeito que se inclúe un documento para axudar aos usuarios a interpretar a nova presentación das probabilidades de tempo seco, nubrado ou chuvioso. O último dos cambios introducidos é a nova información no apartado de avisos na web principal.

Ligazón