Inicio Listado novas Reactívase o Ce...

Reactívase o Certame fotográfico #Eusonpilabot

#Eusonpilabot

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de reactivar o concurso individual de fotografía #eusonpilabot, unha iniciativa que busca concienciar á comunidade escolar sobre a recollida selectiva deste tipo de residuos apelando, neste caso, á creatividade do alumnado participante.

O prazo para a presentación das instantáneas rematou o 10 de marzo pero o parón da actividade escolar derivado da declaración do estado de alarma obrigou a suspender temporalmente a campaña Pilabot, na que se enmarca este concurso e que conta coa participación de 150 centros de primaria e de secundaria de toda Galicia. Do 8 ao 15 de xuño reactivarase a fase de votación pública a través da web pilabot, aínda que tamén se conservarán integramente os votos recabados por cada participante no mes de marzo; e o 16 de xuño comunicarase polas mesmas vías cales foron as tres fotografías que recibiron máis apoios.

Mais información

Ligazón