Como parte do Pacto Verde Europeo, a Comisión planea presentar unha nova estratexia de adaptación climática a principios de 2021. A nova estratexia de adaptación basearase na estratexia actual adoptada en 2013. O Pacto Verde Europeo aspira a facer de Europa o primeiro continente climáticamente neutro do mundo. O obxectivo último da acción polo clima é protexer ás persoas, o planeta e a prosperidade contra as repercusións do cambio climático. Promovendo a adaptación a escala mundial e acelerando a redución das emisións, a UE pode axudar a garantir o benestar dos cidadáns da UE, salvagardar a nosa contorna natural e o noso patrimonio cultural e protexer os nosos investimentos e activos económicos.
Data límite: ata o 20 de agosto de 2020, 23.59h. (hora de Bruselas).