Inicio Listado novas 24 de maio, DÍA...

24 de maio, DÍA EUROPEO DOS PARQUES

Día Europeo

A Federación EUROPARC promove un ano máis a celebración do Día Europeo dos Parques o 24 de maio, efeméride que conmemora a declaración dos primeiros parques nacionais en Europa, en Suecia, fai máis dun século. En 2020 o lema é A Natureza, boa para a túa saúde! Desde EUROPARC-España sumámonos á celebración do Día Europeo dos Parques 2020 e animamos a todas as áreas protexidas españolas, así como ás diferentes entidades públicas e privadas implicadas nos nosos espazos naturais, a organizar ao redor da data do 24 de maio actividades que contribúan a esta celebración. Na situación excepcional que estamos a vivir debe primar a recomendación # quedateencasa polo que a proposta é realizar ACTIVIDADES VIRTUAIS como poderían ser concursos artísticos (fotografía, pintura, poesía....), campañas de difusión de imaxes dos parques, promoción de visitas virtuais a áreas protexidas, webinarios e eventos electrónicos...

Ligazón