Inicio Listado novas 22 de maio, DÍA...

22 de maio, DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA

Día Internacional

Enténdese por biodiversidade a ampla variedade de plantas, animais e microorganismos existentes, pero tamén inclúe as diferenzas xenéticas dentro de cada especie -por exemplo, entre as variedades de cultivos e as razas de gando-, así como a variedade de ecosistemas (lagos, bosques, desertos, campos agrarios,...) que albergan múltiples interaccións entre os seus membros (humanos, plantas, animais) e a súa contorna (auga, aire, chan...) Os recursos biolóxicos son os alicerces que sustentan as civilizacións. Pero a perda desta diversidade ameaza todos estes ámbitos, incluída a nosa saúde. Existen probas de que perder a nosa biodiversidade podería aumentar os casos de zoonosis - enfermidades transmitidas dos animais aos humanosd- mentres que, pola contra, se conseguimos mantela estable, esta podería ser unha gran ferramenta na loita contra pandemias como aquelas causadas polos coronavirus.

Ligazón