Inicio Listado novas AAE simplificad...

AAE simplificada MP PXOM adaptación ao Proxecto sectorial de ampliación das instalacións de Jealsa Rianxeira, Boiro

Avaliación Ambiental Estratéxica

Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Modificación puntual do PXOM de Boiro para a súa adaptación ao Proxecto sectorial de ampliación das instalacións de Jealsa Rianxeira, S.A. Promotor: Concello de Boiro. Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Expediente: 2020AAE2433. Código web: 2314/2020. No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.

Ligazón

O prazo para esta consulta está aberto dende o día 07/05/2020 ata o día 07/07/2020,  de conformidade co sinalado na Orde do 27 de abril de 2020 pola que se acorda o inicio e/ou a continuación da tramitación de determinados procedementos indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma.