Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Modificación puntual núm.8 do PXOU de Chantada. Promotor: Concello de Chantada. Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Expediente: 2020AAE2448. Código web: 2311/2020. No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta estará aberto durante dous meses a contar a partir da finalización da declaración do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 ou prórrogas do mesmo.